galego 2018-11-26T16:22:09+00:00

Segunda edición do programa Galicia Friendly

Tras o éxito da primeira edición, volve comezar o proxecto Galicia Friendly, enmarcado no convenio de colaboración firmado entre o CTG e a Axencia Turismo de Galicia para a promoción e comercialización de Galicia como destino turístico.

O obxectivo fundamental do proxecto é a articulación dun proceso de mellora da imaxe dos establecementos mediante unha xestión amábel e hospitalaria, para a cal é esencial contar cun equipo con competencias lingüísticas para poder atender aos novos visitantes estranxeiros.

Únete a Galicia Friendly

Difusión

Fai que todos te coñezan

Todos aqueles locais que obteñan o selo de Galicia Friendly serán incluidos na nosa guía de referencia de establecementos, para que os turistas sepan onde poderán ser atendidos en lingua inglesa, xunto coa súa direción e datos de contacto.

Comunicación

Aumenta a tu clientela

Con Galicia Friendly verás aparecer ao teu local nos medios de comunicación locais, provinciais e autonómicos. Gracias á difusión non só das accións concretas do proxecto, senón á promoción mediática dos establecementos participantes.

Tradución

Traduce e internacionaliza o teu local

En Galicia Friendly ofrecemos apoio totalmente persoalizado na tradución ao inglés dos soportes físicos, páxina web e perfil en redes sociais; tamén, brindamos aos establecementos a formación percisa para o uso de códigos QR.

Auditoría

Analiza o tu negocio

Ofrecemos a todos os participantes un análise exhaustivo dos seus establecementos, valorando as competencias lingüísticas dos seus traballadores e soportes de comunicación, tanto on-line como off-line, para atender as necesidades dos turistas estranxeiros.

Informes

Mellora cada día

O equipo especialista de técnicos de Galicia Friendly elabora informes completamente personalizados e adaptados ás  necesidades de cada empresa participante, co análise detallado das súas fortalezas e debilidades, así como unha serie de recomendacións.

Distintivo

Obtén a túa placa Galicia Friendly

Ao rematar o proxecto, otorgaráselle aos establecementos que obteñan o selo Galicia Friendly unha placa distintiva, que os acredita como locais con coñecementos de inglés para a atención da cliente. Non te perdas a ceremonia de entrega de placas!